Comezando polo sur de Galicia, o programa visita a praia de Nerga, en Cabo Home, un espazo natural que forma parte da enseada de Barra, a cala da Nova e a praia de Viñó. Augas transparentes e limpas, area branca, fondos mariños incribles e unas privilexiadas vistas das Illas Cíes son algúns dos atractivos deste areal de Cangas. Subindo cara ao norte, xa na provincia de A Coruña, o equipo do programa pisa a praia de Cabeiro, en Porto do Son. De augas tranquilas, toma o seu nome do pequeno montículo xunto ao que se atopa, así como do saínte rochoso Punta Cabeiro.  Para finalizar, “Aquí Hai Praia” visita a Praia Grande de Miño, municipio declarado de interese turístico. Trátase dun amplo areal de máis dun quilómetro de lonxitude, situado nunha contorna urbá, que conta cunha area dourada e grosa e onde se pode gozar dun día tranquilo de praia ou practicar as diversas actividades náuticas que  se ofertan.