“Aquí hai praia” chega este verán cargado de sol, de calor, de mar, de crema, pero, sobre todo, de moitas novidades. Os espectadores deberán estar atentos ás redes sociais (Aquí hai praia en Facebook e @aquihaipraiatvg en Twitter), xa que o programa fará sorteos, compartirá fotografías e buscará en todo momento a opinión da audiencia. Nesta primeira entrega, o espazo da TVG desrpázase á praia de Mogor, en Marín, un areal illado duns 250 metros , con area branca e vexetación autóctona, moi concorrida e con servizo de pedaletas. Cabe destacar que moi preto dela atópanse os petroglifos de Mogor, uns dos máis representados e estudados de toda Galicia. O programa viaxa tamén á praia de Nerga, situada dentro do Espazo Natural Cabo Home, constituído por unha gran formación dunar e polos cantís da Costa da Vela. Atópase bordeada por bosques de pinares e eucaliptos, con diversos sendeiros que os unen. Ademais, posúe ondaxe moderada e magníficas vistas sobre as Illas Cíes. No Porto do Son, coñec