‘Aquí Hai Praia’ continua amosando os fermosos areais galegos, percorrendo as tres provincias costeiras e misturando sol, area, camping, deporte, lecer e por suposto, as vivencias e aventuras dos protagonistas do programa: os ‘praieiros’. Neste ocasión, o espazo viaxa ata a península do Morrazo para coñecer a praia de Mogor, no concello de Marín, unha das favoritas tanto para as persoas desta localidade coma para os pontevedreses e moitos veraneantes de diferentes partes do Estado. Dunha extensión duns 400 metros, esta praia de area refinada, con bandeira azul ondeando, destaca por estar resgardada, bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos, conta cunhas rochas marcadas por petróglifos que datan de máis de tres mil anos. Na zona do Barbanza, na provincia da Coruña, os espectadores descubrirán a praia de Lombiña-Cabío, a máis coñecida e concorrida do concello da Pobra do Caramiñal. En forma de enseada, con bas