A praia de Ladeira, en Baiona, é a de maior extensión do municipio e sitúase ao inicio do mesmo. O río Miño, co seu esteiro e marismas, circúndaa por un lado e, ademais, conserva parte da estrutura de dunas, actualmente en proceso de recuperaciónPor outra banda, Silgar, en Sanxenxo, é unha das praias máis cálidas e solleiras da ría de Pontevedra. Situada no núcleo urbano, está bordeada polo paseo marítimo e a vía rodada que a separa das edificacións en primeira liña de praia. Silgar é o areal máis frecuentado na época estival por turistas, tanto pola súa situación, que facilita o seu acceso, coma polo distintivo de bandeira azul que posúe. Finalmente, o espazo da canle pública visitará a praia de Altar, en Barreiros, que, segundo a tradición, recibe este nome polo altar situado no illote de Pedra Loura, onde se practicarían sacrificios ás divindades pagás.