Close

Coroso, Mera e Olmos - 18/09/2016 23:30

Canal: TVG (Galicia)
Programa: Aquí hai praia
Título: Coroso, Mera e Olmos - 18/09/2016 23:30
Descripcion: Despedimos a temporada visitando outros tres areais destacados de Galicia. Un deles é a praia de Coroso, en Ribeira, de ámbito urbano, que goza dun excelente paseo marítimo ao longo de todo o areal. Desde ela existen unhas fenomenais vistas de Ribeira, da illa de Rúa e da ría de Arousa case no seu tramo final. Achegámonos tamén ata a praia de Mera, en Oleiros, moi visitada por residentes da zona. Foi galardoada con bandeira azul no ano 2016 tanto pola pureza e tranquilidade das súas augas como polos servicios que ofrece. O refrescante percorrido remata na pequena praia dos Olmos, situada moi preto do coñecidísimo areal vigués de Samil. Nela pódese gozar dunha agradable xornada na máis absoluta tranquilidade. Aínda que se trata dunha praia urbana, está situada de tal xeito que unha vez nela esquéceste do balbordo doutros areais máis concorridos.
Fecha publicación: 18-09-2016

URL:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/coroso-mera-e-olmos

Otros vídeos de Aquí hai praia en TVG (Galicia)

Xilloi, Silgar e Perbes - 07/09/2019 19:15
Praia América, praia Grande de Miño e praia das Pasadas - 31/08/2019 19:15
Caolín, A Lanzada e Barraña - 24/08/2019 19:00
Oira, A Cova e Maceira - 18/08/2019 23:50
Oleiros, Bueu e Foz - 11/08/2019 23:50
Riazor, Nerga e Lóngara - 03/08/2019 19:15
Samil, Covas e Broña - 27/07/2019 19:15
Areacova, Area e San Francisco - 20/07/2019 19:15
As catedrais, Cabeiro e Mogor - 13/07/2019 19:15
Mogor, Coto e Lombiña-Cabío - 06/07/2019 19:20
Bastiagueiro, A Rapadoira e Patos - 29/06/2019 19:20
Aguieira, Raeiros e Area de Bon - 09/09/2018 23:20
Perbes, San Xián e Areoura - 02/09/2018 23:15
Area Maior, Mogor e Areacova - 26/08/2018 23:30
O Torno, O Muíño e Nemiña - 20/08/2018 00:30
Patos, Razo e Doniños - 12/08/2018 23:45
A Lanzada, Covas e Baltar - 05/08/2018 23:30
Nerga, Cabeiro e Praia Grande de Miño - 29/07/2018 23:30
Samil, Lombiña e Coto - 22/07/2018 23:45
Praia América, Broña e Bastiagueiro - 18/07/2018 00:55
As Catedrais, Silgar e San Francisco-Louro - 10/07/2018 00:15
O programa fai a primeira parada na praia das Catedrais, en Ribadeo, monumento natural e un dos destinos turísticos máis visitados de Galicia. Toma o seu nome polas similitudes que teñen as formacións rocosas cos arbotantes das catedrais góticas. O seu principal atractivo é o conxunto de arcos de roca esculpidos pola forza do Mar Cantábrico co paso dos anos. Silgar, en Sanxenxo, é unha das praias máis cálidas e solleiras da ría de Pontevedra. Situada no núcleo urbano, está bordeada polo paseo marítimo e a vía rodada que a separa das edificacións en primeira liña de praia. Silgar é o areal máis frecuentado na época estival por turistas, tanto pola súa situación, que facilita o seu acceso, coma polo distintivo de bandeira azul que posúe. Por último, a praia de San Francisco, en Louro, está situada xunto á praia de Ancoradoiro e preto da vila costeira de Muros, é das máis concorridas da zona, pois ás súas condicións naturais hai que engadirlle a presenza de frondosos piñeirais equipados c
Riazor, Ladeira e Lapamán - 02/07/2018 23:45
O programa presenta unha selección de tres areais das provincias da Coruña e Pontevedra que combinan natureza, xuventude, espazos urbanos e ambiente familiar. O percorrido comeza na praia de Riazor da Coruña, unha das praias de ámbito urbano máis frecuentadas da cidade, situada ó pé do paseo marítimo da cidade.  Ambiente familiar e cómodo para os coruñeses, que teñen esta praia nun emprazamento céntrico. Apta para practicar o surf e todo tipo de deportes, forma parte do conxunto integrado pola praia do Orzán e de Riazor, separadas polo dique A Coiraza, restos da antiga muralla da Peixaría. Os seus asiduos destacan que é unha praia óptima para visitar durante todo o ano e, ademais, a súa situación permítelles facer calquera plan alternativo en Coruña.  Desde alí, o espazo da TVG viaxa ata o Val Miñor para coñecer a praia de Ladeira, en Baiona. É a de maior extensión do municipio e sitúase ao inicio do mesmo. Está circundada polo río Miñor co seu esteiro e marismas e conserva tamén part
A Rapadoira, Areal do Vao e praia do Vilar - 25/06/2018 23:00
A Rapadoira, en Foz, é a primeira praia da zona en acadar a bandeira azul. Unha mostra de que a pesar que o tempo non acompañe, pódese pasar un día fantástico xogando ao fútbol, ás pas, aproveitando para gozar dun xantar con vistas ao Cantábrico e os máis ousados dispostos a practicar surf. A Rapadoira conta con todos os servizos para atender uns visitantes cada vez máis esixentes coa mesma, limpeza, socorrismo, actividades complementarias, información e atención aos usuarios. Éunha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón - paseo de Laredo, onde se forma unha piscina natural en que se divirten os máis pequenos sen medo ás ondas, conta con pasarelas para chegar ata a zona de baño. A continuación, o programa diríxese ao Areal do Vao, en Vigo. Situada na parroquia de Coruxo, é unha das praias de maior sona da cidade despois da de Samil. De area branca e fina, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas, é ideal para a práctica de deportes acuático
Barraña, Montalvo e Area - 18/09/2017 01:30
Baltar, Cabío e Xilloi - 10/09/2017 23:59
Unha delas é a praia de Baltar, en Portonovo, separada da praia de Silgar pola Punta do Vicaño. De area branca e fina, ventosa e con augas tranquilas, é idónea para o baño e os deportes náuticos. En Baltar pódense atopar locais de ocio, restauración e festa nocturna ao longo do paseo, xunto con actividades estivais, así como a oferta gastronómica dos restaurantes sobre rodas, as feiras e postos de artesanía e moitos veraneantes que gozan dos últimos días do cámping.Na zona da Barbanza, na provincia da Coruña, o espazo da TVG descubrirá a praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. O seu nome real é a praia da Lombiña e é a máis coñecida e concorrida do concello. En forma de enseada, con base de area de cor branca e protexida, ten unha zona arborada, un piñeiral que abraza a area, que é un dos principais atractivos desta praia, pois permite pasar todo o día nel refuxiándose do sol nas horas que máis aperta.Por último, na Mariña lucense, “Aquí Hai Praia” visitará o areal de Xilloi, no concell