O programa visitará a praia de Patos, no concello de Nigrán. Grazas á bravura contida das súas ondas, é ideal para iniciarse na práctica do windsurf, xa que nas súas inmediacións hai varias escolas. Patos conta tamén cun paseo repleto de locais de ocio e restauración con todos os servizos, que ademais dos locais, gozan os visitantes, principalmente da cidade olívica e da provincia de Ourense. A continuación, ‘Aquí Hai Praia’ subirá ata as Rías Altas para visitar a praia de Bastiagueiro, en Oleiros, un areal tamén ideal para os amantes do surf. Moi preto atópase un cámping, o que fai que no verán sexa moi visitada por turistas. En época lectiva tamén se poden ver moitas persoas practicando deporte nela, pois moi preto atópase a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica. A última praia é a da Rapadoira, en Foz, a primeira en acadar a bandeira azul da zona. A Rapadoira é unha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón, o paseo de Laredo, on