Unha delas é a praia de Baltar, en Portonovo, separada da praia de Silgar pola Punta do Vicaño. De area branca e fina, ventosa e con augas tranquilas, é idónea para o baño e os deportes náuticos. En Baltar pódense atopar locais de ocio, restauración e festa nocturna ao longo do paseo, xunto con actividades estivais, así como a oferta gastronómica dos restaurantes sobre rodas, as feiras e postos de artesanía e moitos veraneantes que gozan dos últimos días do cámping.Na zona da Barbanza, na provincia da Coruña, o espazo da TVG descubrirá a praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. O seu nome real é a praia da Lombiña e é a máis coñecida e concorrida do concello. En forma de enseada, con base de area de cor branca e protexida, ten unha zona arborada, un piñeiral que abraza a area, que é un dos principais atractivos desta praia, pois permite pasar todo o día nel refuxiándose do sol nas horas que máis aperta.Por último, na Mariña lucense, “Aquí Hai Praia” visitará o areal de Xilloi, no concell