O programa fai a primeira parada na praia das Catedrais, en Ribadeo, monumento natural e un dos destinos turísticos máis visitados de Galicia. Toma o seu nome polas similitudes que teñen as formacións rocosas cos arbotantes das catedrais góticas. O seu principal atractivo é o conxunto de arcos de roca esculpidos pola forza do Mar Cantábrico co paso dos anos. Silgar, en Sanxenxo, é unha das praias máis cálidas e solleiras da ría de Pontevedra. Situada no núcleo urbano, está bordeada polo paseo marítimo e a vía rodada que a separa das edificacións en primeira liña de praia. Silgar é o areal máis frecuentado na época estival por turistas, tanto pola súa situación, que facilita o seu acceso, coma polo distintivo de bandeira azul que posúe. Por último, a praia de San Francisco, en Louro, está situada xunto á praia de Ancoradoiro e preto da vila costeira de Muros, é das máis concorridas da zona, pois ás súas condicións naturais hai que engadirlle a presenza de frondosos piñeirais equipados c