“Aquí hai praia” desprázase ata a praia de Areas en Sanxenxo, con fermosas vistas da ría de Pontevedra, este areal namora pola súa area branca e fina e as augas cristalinas. Recollida dos ventos, é propicia para gozar dos deportes acuáticos.Conta amais con bares de praia en que relaxarse co solpor, ao ser este o areal en que podemos gozar de máis horas de sol dada a súa privilexiada situación. Do Salnés, o programa viaxa ata o Barbanza, cara á praia de Coroso de Ribeira, unha praia de ámbito urbano e cun excelente paseo marítimo ao longo de todo o areal. Desde ela existen unhas fenomenais vistas de Ribeira, da illa de Rúa e da ría de Arousa case no seu tramo final. E, subindo ao norte, situámonos na Rapadoira, en Foz, a primeira praia en acadar a bandeira azul da zona. Unha mostra de que a pesar que o tempo non acompañe, pódese pasar un día fantástico de praia, xogando ao fútbol, ás pas, aproveitando para gozar dun xantar con vistas ao Cantábrico e os máis ousados dispostos a practic