Novo programa de “Aquí Hai Praia” para descubrir tres areais galegos, nesta ocasión, enmarcados nunha contorna natural inigualable en diferentes rías galegas, coñecendo as praias de Area Maior en Muros, a praia de Mogor en Marín e a praia de Areacova en Aldán. Areacova, na ría de Aldán, no concello de Cangas ten augas tranquilas e area fina. Accédese en vehículo e dispón de todos os servizos. Este areal, xunto ao de Menduíña é unha das máis ocupadas debido aos seus bos accesos e instalacións. Destaca pola vista da Ría de Aldán e Punta Couso. Subindo cara ao norte e na mesma provincia de Pontevedra, “Aquí Hai Praia” chega á praia de Mogor, no concello de Marín. Dunha extensión duns 400 metros, esta praia de area refinada, con bandeira azul ondeando, destaca por estar resgardada, bordeada no seu límite sur por un frondoso bosque sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos: vela, esquí náutico, motonáutica e windsurf (con límite de 150 metros á costa). E por último