A Rapadoira, en Foz, é a primeira praia da zona en acadar a bandeira azul. Unha mostra de que a pesar que o tempo non acompañe, pódese pasar un día fantástico xogando ao fútbol, ás pas, aproveitando para gozar dun xantar con vistas ao Cantábrico e os máis ousados dispostos a practicar surf. A Rapadoira conta con todos os servizos para atender uns visitantes cada vez máis esixentes coa mesma, limpeza, socorrismo, actividades complementarias, información e atención aos usuarios. Éunha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón - paseo de Laredo, onde se forma unha piscina natural en que se divirten os máis pequenos sen medo ás ondas, conta con pasarelas para chegar ata a zona de baño. A continuación, o programa diríxese ao Areal do Vao, en Vigo. Situada na parroquia de Coruxo, é unha das praias de maior sona da cidade despois da de Samil. De area branca e fina, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas, é ideal para a práctica de deportes acuático