Neste episodio de "Aquelando con chispa" xogaremos coa ciencia relacionada co mundo do hidróxeno. Comprobaremos as características deste compoñente da táboa periódica coa axuda de diferentes mesturas con outros elementos. Tamén experimentaremos coa capacidade explosiva que ten o noso protagonista: o hidróxeno.