No programa de hoxe imos descubrir por que o pan de Carral é único no mundo, ao tempo que coñeceremos as fermosas historias de vida que hai arredor dos panadeiros. Participaremos nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e os seus alumnos nos preparativos desta festa que ben merece unha foto para a lembranza. E, por suposto, estaremos atentos á investigación que os máis cativos de Carral van desenvolver para descubrir a foto misteriosa, posiblemente a máis antiga que se fixo nestas terras.