No programa de hoxe imos percorrer Cambados... para coñecer a vida dunha verdadeira loitadora, Elvira, unha muller do mar que perdeu a seu pai aos 8 anos pero foi quen de botarse ás costas a responsabilidade de sacar adiante unha gran empresa e unha gran familia. Como en todos os programas, guiados polo noso equipo de investigadores, trataremos de descubrir a sorprendente historia dun persoeiro moi internacional que hai trala foto misteriosa de hoxe. E asistiremos a un emotivo encontro entre as mulleres dunha familia con Estrela Michelin: a familia Daporta, mulleres que traballan tanto que poucas veces teñen ocasión de xuntárense arredor dunha mesa... un encontro que vai quedar inmortalizado coa “ foto por facer”.