O solteiro desta semana chámase Sergio, un deseñador gráfico de 32 anos. Durante estes derradeiros anos, este rapaz só tiña ollos para a súa cámara de vídeo e os seus deseños. Pero “Amor na Rede” axudarao nesa materia pendente para el que é o amor.    Para este rapaz, o feito de ter parella non ten que limitalo á hora de crecer como persoa. O feito de ter unha identidade propia, seguir cultivando as afeccións e dispoñer dunha rede social de familiares e amigos é algo necesario para que unha parella funcione. Esta parcela persoal é algo moi esencial, asegura Sergio.   O protagonista desta semana coñecerá a Cristina, unha ferrolá de 24 anos, moi acostumada ao trato co público. Esta rapaza asegura que pasou por varias decepcións sentimentais pero non perde a esperanza de atopar unha nova parella. Cristina declárase afeccionada a viaxar e aos festivais musicais, e o que busca dunha parella é que comparta con ela esas afeccións.