A protagonista de “Amor na rede” chámase Rocío. Procedente da Coruña, aos seus 32 anos, leva moita festa no seu corpo. É amante da noite e das festas VIP e tivo varias parellas, pero agora pensa que é o momento de ter algo máis estable e ven á Televisión de Galicia para atopar a súa “very important person”.  O pretendente de Rocío será Fran. Este mozo vén de Pontevedra e é licenciado en INEF. Actualmente traballa como bombeiro forestal e é adestrador de fútbol infantil. Para Fran, a muller perfecta ten que practicar deporte.