Noela é unha moza de Vigo que, grazas á súa constancia e conviccións positivas, conseguiu cambiar o seu aspecto físico e mesmo a súa mentalidade a base de esforzo. A psicóloga Itziar Villar atopou para ela un pretendente da súa mesma cidade. Trátase de Edu, un mozo de 26 anos, máis serio ca Noela,  cun trauma bastante curioso e cunha personalidade en exceso realista.