Con 21 anos, Martín séntese un home xa maduro, obrigado pola vida. Foi abandonado polos seus país cando era cativo e tivo que facerse a si mesmo, axudado polos avós, cos que vive nunha aldea da Estrada. Tímido e desconfiado á vez,  decidiuse a participar en “Amor na Rede” para atopar parella. A psicóloga do programa, Itziar Villar, atopou para Martín a Eva, unha rapaza coruñesa estudante de Belas Artes. Pero a vea artística de Eva choca coa personalidade de Martín. Ambos os dous cantan, pero Martín rap e Eva rock. Ambos os dous bailan, pero un psicotrance e a outra reggaeton. Na proba de compatibilidade á que se somete esta parella, Camilo Lesta logra certo achegamento persoal, mais na cea romántica sobe a tensión por motivos bastante superficiais coma a lonxitude do cabelo. Ao final, Martín e Eva teñen que tomar unha decisión. Que pesa máis? O fondo ou a forma?