Fran é un mozo compostelán de 24 anos, que acode ao programa da Televisión de Galicia para intentar deixar a un lado a concupiscencia que o adoita caracterizar. Para a súa sorpresa, encóntrase con María José, unha rapaza que estudou na facultade de Ciencias da Comunicación, onde el traballaba de camareiro. O feito de que María José coñeza o pasado de Fran non será unha boa base coa que comezar, pero a súa forma de concibir as relación sentimentais fará que lle dea unha oportunidade ao rapaz e comece a velo doutra maneira.