Lorena é unha moza da Coruña de 31 anos que traballa como profesora de danza española e flamenco. Ela di que se sente andaluza e o seu carácter alegre e a arte que demostra bailando corrobórano. Lorena ten un fillo de cinco anos. A pesar de vivir nunha era ben moderna, di que lle custa atopar un home ao que non lle dea medo aceptala a ela e ao seu fillo. Para ela a psicóloga do programa, Itzíar Villar, atopou un candidato de sangue quente, que traerá ritmos tropicais ao programa. André é un mozo de 28 anos natural do Río de Xaneiro. Lorena e André van conectar moi ben dende o primeiro momento. A través do test para intimar abriranse interiormente un ao outro. Ambos teñen experiencias pasadas que os deixaron marcados e que non son fáciles de contar. E precisamente este punto fará que aflore a confianza entre eles. Todo parece ir vento en popa ata que André conta un defecto do seu carácter que para Lorena é imperdoable. Despois da cea romántica saberán se teñen máis peso as virtudes ou