Cristian é un youtuber coruñés de 22 anos, que ten claro que quere unha parella para toda a vida e que o de picar de flor en flor non é para el. O perfil que busca é un home loiro, de ollos azuis, con barba e moi masculino. Na busca do amor, conta con súa irmá e súa nai, que o aconsellan e poñen a proba o candidato. Coas esixencias de Cristian, Itziar encontra a Aitor, un rapaz de 22 anos que vive en Vigo e gaña a vida de profesor de baile e peiteador. A primeira impresión de Cristian non é a esperada, xa que Aitor non é o seu tipo e non dubida en dicirllo, pese a que a nai e a irmá coidan que é un rapaz loitador e romántico.  Malia a isto, ao estaren xuntos as cousas empezan a fluír entre eles. Será a complicidade suficiente para derrubar os prexuízos de ambos os dous?