O programa “Amor na Rede” recibe esta semana a Carlota, unha viguesa de 31 anos que é unha auténtica “friki” das bandas deseñadas manga. Esta rapaza considérase unha privilexiada xa que fixo da súa paixón o seu traballo. Actualmente dedícase de xeito profesional a debuxar e escribir cómic, pero o seu sono sería poder facelo en Xapón.  Pero tanto tempo metida dentro dos seus cómics deixoulle pouco tempo para vivir na vida real. Tras un matrimonio de tres anos, Carlota non tivo a oportunidade de atopar un novo amor, e por iso vén ao programa, coa intención de facer borrancho e conta nova no cómic da súa vida.  Esta viguesa agardará a chegada de David, un coruñés de 33 anos entusiasta da Guerra das Galaxias. Leva solteiro tres anos e atrás deixou unha relación de cinco. Este rapaz pensa que xa é hora de que “a forza o acompañe” e o quite do lado escuro da solteiría, para atopar a súa Princesa Leia.