Din que a chegada da terceira década é un momento de crise e de cambios. Isto debeu de ser o que lle pasou ao noso protagonista: Carlos é un mozo de Vedra de 32 anos que nos últimos tempos pasou de ter unha moza de toda a vida e estar arranxando unha casa para formar unha familia a quedar sen parella e estar un pouco á defensiva no tema do amor. Por se isto fose pouco a esta idade, Carlos tamén descubriu que o que estudou non vai con el e agora está na casa da súa nai e pasa o tempo facendo pasteis e andando na bicicleta. Para levantarlle a moral a este mozo tan negativo, Itzíar Villar, a psicóloga de cabeceira do programa, vaille presentar unha moza de Culleredo de 31 anos. Laura é unha muller moi familiar que traballa nos autobuses escolares como acompañante dos nenos e nenas. Ela aspira a ter, polo menos, tres fillos, pero Carlos seica xa se sente vello para batallar con cativos. O presentador, Camilo Lesta, fará que se convertan en detectives por un día e conseguirá que traballe