Camilo, de 29 anos, é un amante da arte, da moda e da noite. Despois dunha relación frustrada de catro anos, decidiu protexerse de posibles decepcións. Agora, atópase ilusionado e con ganas de dar co seu home ideal.  Antes de comezar a andaina na busca do amor, cómpre desfacerse dos medos e inseguridades. Para iso, unha vez máis, “Amor na Rede” conta co asesoramento de Itzíar, a conselleira do programa. Aconsellado por ela, Camilo intenta rachar o muro que construíu ao seu arredor para poder abrirse ao amor. Sergio vai ser o pretendente de Camilo. Ten 20 anos, é de Vigo, estuda para “personal shopper” e aínda non tivo unha parella formal, así que considera que xa é hora de atopala. O primeiro encontro deixa as primeiras impresións, a proba de compatibilidade amosa os primeiros choques, e a cea romántica é determinante para descubrir se o amor finalmente triunfa. Nesta nova edición de “Amor na Rede”, sete escenarios son testemuñas dun novo intento polo triunfo do amor onde non falta o h