A protagonista hoxe é Bárbara, unha moza de 24 anos sobradamente madura que vive en Pazos de Borbén. Despois de facer a carreira de Políticas e un mestrado en Relacións Internacionais, Bárbara volve ao fogar materno, onde se dedica ao coidado dos seus irmáns e dos animais da casa. Para esta moza políglota chegará un pretendente menos cultivado, pero cheo de tenrura. Francisco Javier é un vigués da parroquia de Cabral que vén disposto a atopar o amor verdadeiro.