“Álbum de Viaxe” recibe unha familia activa e deportista, composta por cinco membros. Os Roca González viaxan desde Culleredo, na Coruña, ata a Arzúa e Lugo seguindo un didáctico e divertido itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. Dory, Carlos, Laura, Diego e a avoa Carmen comezan a súa aventura no Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde son recibidos por Lorenzo “o Inglés”. Continúan no Enredo de Abelleiro, o museo vivinte do mel, onde Amparo os guía polos apiarios. Un 4x4 lévaos de ruta polas paraxes de Portodomouros. Soben nun transbordador, visitan a Fervenza das Hortas, e pasan a noite nun balneario de Guitiriz. A familia ten unha rápida clase de golf, na compaña de Jose Luís Naya, e xanta un año de leite asado en madeira de aciñeira nun restaurante das aforas de Lugo. A viaxe remata no moderno Museo Interactivo da Historia de Lugo. O concurso final é na caixa negra do museo.