A primeira familia participante en “Álbum de viaxe” son os Estévez Amoeiro, composta por cinco membros, que viaxan dende Ourense ata a Mariña lucense nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. Marisol e Rubén (os pais), Carla e Saúl (os fillos) e a avoa Dona Pura, comezan a súa aventura nos xardíns do pazo de San Marcos, en Lugo. Logo dun percorrido pola muralla escoltados pola Guardia Pretoriana, viaxan ao parque de Marcelle Natureza. Despois do xantar, desprázanse ata Chavin, onde Marisol Rey lles amosa “O Avó”, unha das árbores máis grandes de toda Europa. Obteñen varias das fotografías do seu álbum de viaxe e visitan a vila medieval de Viveiro en compañía do seu cronista oficial, Carlos Nuevo.  O domingo pola mañá, despois dun bo almorzo, a familia ten acceso exclusivo ao Thalasso do Resort. No porto deportivo de Viveiro embarcan para dar un paseo pola ría. Tamén se desprazan ata O Barqueiro, na Coruña, para xantar e, xa pola tarde, botan