Os espectadores coñecemos a Roi, un xadrecista profesional de Nigrán casado cunha pamplonesa cinto negro de taekwondo; José Mari, un canteiro de Forcarei; Kiko, profesor de matemáticas no instituto máis antigo de Navarra; Mª Jesús, unha veciña de Cuntis presidenta do Lar Gallego de Pamplona; Pilar, cantareira estradense que canta ata en éuscaro; Emilio, un letrado coruñés na Universidade de Navarra moi amante da arte culinaria; Rover, soldador fillo de galegos moi amante de Galicia; Fernando e Javier, netos dun afiador galego, e Toñi, propietaria dun bar moi galego, o Meiga.