Movéndose entre calas e espectaculares paisaxes de norte a sur, o espazo da TVG visitará esta noite un gran parque temático para toda a familia que atrae milleiros de visitantes de todo o planeta e vivirá momentos que son inesquecibles, como escoitar cantar a través da voz dunha galega o “Negra Sombra” no medio do mar.Os espectadores de “ADN Galego” coñecerán historias como a de Montserrat, unha procuradora que ten un barco e unha casa de orixe indiano modernista; Eva Añón, unha social media que precisa de sol e wifi para vivir; Ramiro, director técnico do Parque-Hotel Katmandú, que percorrerá a illa no seu convertible; Marcos, director deportivo do club náutico de S´Estanyol; Judit Vega, unha das actuais campioas da Ruta do Sal; Antonio, un bo embaixador dos produtos galegos na illa; Eva Martín, artista, mestra de meditación e propietaria dun restaurante; Pedro, asentado en Lluchmayor coa súa familia por motivos de traballo, e Borja, que amosará os seus dotes como cocteleiro.