“ADN Galego” diríxese á Rexión de Murcia, comunidade coñecida pola súa horta, as súas localidades turísticas e por ter as augas máis quentes da costa española.Na costa coñecemos galegos na Manga do Mar Menor, unha lingua de terra paradisíaca que pecha unha das meirandes lagoas salgadas de Europa; o espectacular Cabo de Palos,  Cartaxena, e Lo Pagán, cos seus famosos barros terapéuticos. Xa no interior, descubrimos a fama da horta murciana, a Academia Militar do Aire de Alcantarilla e a cidade de Murcia. Os protagonistas desta semana teñen tamén moitas historias ás súas costas: Evaristo, un ex-paracaidista do exército que agora ten unha empresa de traxes de comuñón; Carmiña e Pepe, con 1.500 metros cadrados de horta para o seu consumo; Marta, unha rapaza da Coruña que adora a gastronomía murciana; Víctor, un empresario do Grove ao que lle encanta percorrer o Mar Menor no seu tempo libre; Miguel, un galego que quedou en Murcia por amor; Manolo, o presidente do centro galego e membro dun