A pegada histórica galega atópase na Galería Kreisler. Aquí están os descendentes de Araceli Garbo, unha muller galega que estaba casada con Joan Pujol, o espía que traballou para os servizos de intelixencia británicos, pasándolle información falsa aos nazis. Os espectadores tamén poderán coñecer máis historias como a de Luís, un dos últimos limpabotas de Madrid, que traballa no Hotel Palace; Esperanza e Ana María, dúas restauradoras do Palacio Real; Carlos Abellán, o director do Museo do Ferrocarril; Berta Ojea, unha actriz cunha gran traxectoria; Pilar, a propietaria dunha tenda de aviación; Alberto, un dos herdeiros dunha das panaderías máis antigas de Madrid, o Museo del Pan Gallego; Javi, un home polifacético: músico, videocreador, DJ e inventor de instrumentos; Yaiza, unha rapaza emprendedora que fundou tres empresas con só 24 anos, e Juan Kreisler, o fillo de Araceli Garbo.