Os protagonistas desta semana teñen tamén moitas historias ás súas costas: Luís, coñecido como o toureiro de Santa Comba; Maruxa, unha bailarina de ballet moi rockeira; Carlos, o párroco da parroquia de Santo Tomé que oficia a misa en latín; Vanessa Veiga, unha atleta galega Olímpica nos Xogos de Londres 2012; Pedro Javier, un vendedor de cupóns da ONCE que percorre os municipios no seu coche; Mónica, a propietaria dunha sala de concertos no que antes era unha igrexa; Fernando, o gaiteiro que dirixe o único grupo de gaita galega de Castela-A Mancha; Nucho Cameselle, o porteiro do equipo filial do Toledo B e Santiago Agulleiro, o escritor do libro “Filo Mortal”, que deixou o seu Vimianzo natal por traballo e rematou en Toledo por amor.