Os protagonistas desta semana serán: Antonio Padrón, capitán marítimo de Santa Cruz de Tenerife que recibiu a Medalla ao Mérito Civil pola xestión da crise das pateras no ano 2006; Jorge, un mergullador que o deixou todo para practicar un tipo de mergullo único en Tenerife; Ángela, unha residente de Pediatría dentro do Hospital Universitario Ntra. Sra da Candelaria; Guillermo, un windsurfista asentado en El Médano que marchou de Galicia só con billete de ida; María de Gracia, unha muller que saíu de Galicia con 16 anos e rexentou un importante negocio na illa; Xisela Aranda, sete veces campioa absoluta de España en Squash; Fran Alonso, un galego que ten varios Récord Guinness como cortador de Xamón; Martín López, un dos astrofísicos máis importantes de España. E, por último, tamén estará José Manuel, que está casado cunha holandesa e que se dedica á venda de todo tipo de produtos galegos.