Desde a descuberta de América e desde que Sevilla se convertera en porto de Indias, esta cidade andaluza xa atraeu galegos. Moitos traballaron durante séculos no puxante Porto de Sevilla. Ademais, o estadio principal do Betis, o Benito Villamarín, chámase así en memoria dun galego ilustre, un empresario dedicado á exportación de olivas moi querido na cidade do Guadalquivir.