A pouco máis de catro horas en coche de Galicia, o programa moverase polo centro da capital e arredores para coñecer os convidados galegos, entre eles, Alfredo, o conservador do Museo de Altamira; Martín, un profesor universitario que está desenvolvendo unha App innovadora para a prevención de riscos nas contornas acuáticas; Rocío e Javier, dous arquitectos galegos que participaron na construción do Centro Botín; Ana, unha moza con intención de retornar a Galicia; Juli, a encargada da hixiene e calidade do Grupo Consorcio, empresa líder en produción de anchoas; José Antonio, o presidente do Centro Galego de Santander; Teresa, a propietaria dunha casa rural con encanto galego; Carlos, un tapizador de coches na vila de Potes, e Ángel Pazos, o reitor da Universidade de Cantabria.