"Actualizad@s" seguirá hoxe un tema sempre moi presente na sociedade galega: os nosos maiores. En Galicia hai máis de mil persoas que superan os cen anos, así que o equipo do programa visita algúns dos nosos avós centenarios para coñecer cal é o seu segredo.Coñeceremos a Manuela, que vive en Cerceda, quen aos seus 104 anos segue atendendo a mercería familiar; Julio, de 101 anos, un experto xogador de cartas de Eiriz; Luísa, unha pontevedresa para a que a lonxevidade é cousa de familia, e Concepción, unha centenaria de Friol que leva 97 anos dedicándose ao campo, entre outras tarefas. O programa ten como horizonte internarse na idiosincrasia das aldeas, vilas e cidades galegas, nas súas xentes, tradicións, maneiras de vivir vellas e novas, e coñecer a personalidades nunca vistas ou escoitadas antes. Cada programa centrarase nun tema con numerosas historias en diferentes situacións pero entrelazadas entre si buscando os contrastes dos seus protagonistas, as diferentes maneiras de vivir o