"Actualizad@s" propón unha viaxe por "Os últimos de Filipinas", establecementos centenarios de Galicia. Neste tipo de tendas abondan os caixóns de madeira, as pezas caducas e os produtos en desuso. Ademais, exhalan trato exquisito, familiar e personalizado. Trátase do vello comercio que, xeración tras xeración, mantén intacta a esencia mercantil doutros tempos. "Actualizad@s" proponlles aos espectadores unha viaxe nostálxica por establecementos centenarios de Galicia, "Os últimos de Filipinas", que se resisten a claudicar antes as novas estratexias de negocio. A zona vella de Pontevedra garda recunchos que retrotraen a séculos pasados. Alí se atopa a botica de Enrique Eiras Puig, aberta dende hai cento trinta anos. Moi preto, a droguería Moderna atende os clientes coa mesma estética do 1924. Os reporteiros do programa comparten cos donos destes locais as mellores anécdotas de toda unha vida de cara ao público. Na mesma cidade, visitan Almacéns Rodiño Escudero e, en Vigo, a Berbería Min