"Actualizad@s" bota a andar cun espazo en torno ao peixe e ao mar, en que conflúen historias singulares como a de Chuchú, un mariñeiro xubilado que vive en Carnota dedicado en corpo e alma á súa verdadeira paixón: cultivar a horta e coidar todo tipo de animais domésticos. Ou Jorge e Marga, turistas cataláns, que aprenden pesca deportiva co mellor mestre posible, Pepe, un vello lobo de mar de Lira. O programa, titulado Do mar ao prato, tamén descobre a vida de Ana, unha peixeira entrañable de Guillarei (Tui) que, antes de comezar a xornada a bordo da súa "praza ambulante", sempre fai un alto no camiño para almorzar coa filla. Logo comeza a venda porta a porta, unha rutina en que coincide con Nieves, clienta habitual que comparte confidencias entre fogóns.Na lonxa de Vigo, Pedro, un comprador polo miúdo, explica detalladamente os atrancos cos que ten que lidar día a día para facerse coa mellor mercadoría na poxa. Na outra cara da moeda atópanse os ruleiros da Coruña que poñen ao descuber