O programa preséntanos a Alfredo Pequeño e os Golfiños de Riazor, xente maior que se baña todos os días na praia, sexa cal sexa o tempo. Tamén fala co leiteiro Manolo Veiga e o quitaneves Moisés Díaz Gómez. Visita unha obra en Lugo, onde recibe as explicacións do deliñante Pedro Gómez e o xefe de obra, José Liñares. Por último, actualizad@s coñece a experiencia na rúa dun vendedor da ONCE, José Luis Gutiérrez.