“Actualizad@s” propón algúns remedios contra o frío  para os últimos días do invernoA pesar da subida das temperaturas nas últimas horas o inverno aínda vainos deixar algún que outro día de frío nos vindeiros días. Por iso, e para non baixar a garda, este sábado os protagonistas de “Actualizad@s” compartirán cos espectadores da Televisión de Galicia  os mellores antídotos contra o frío.Así, os reporteiros do programa achegaranse á Asociación Cabanas Rural onde coñecerán o proceso co que elaboran, de forma tradicional, abrigosas pezas de la de ovella galega.  Ademais, recomendarán menús contra o frío con pratos de culler a base de produtos da horta galega como verzas, nabizas ou fabas de Lourenzá, e unha orixinal sobremesa coas castañas de Paco, quen leva corenta anos asando e vendendo estes froitos secos nunha peculiar locomotora.Por último, os espectadores coñecerán os beneficios do exercicio físico tanto para o frío como para a saúde, da man do vigués Manolo Fernández.