Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.   “A Xantar” arrinca en Vigo, na “Imperial”, onde o seu dono,. Amadeo, ofrece tortilla de cortesía. O programa desprázase en segundo lugar ao “Abrente”, en Santiago de Compostela, onde este local xa é un referente no de comer de balde, sobre todo entre os estudantes da cidade universitaria. A ruta de tapas gratuítas remata no “Minuetto” en Lugo, onde o equipo do programa se permite o luxo de degustar os seus deliciosos boliños.