“A xantar” fai unha selecta escolma de materias primas de primeira calidade. Comeza cunha visita á Casa Lolo de Untes, en Ourense, a carón do río Miño, que no seu curso medio proporciona as deliciosas anguías que ben valen, fritidas ou en empanada, para un magnífico xantar. No interior do país, en Celanova atopamos a tapería Plan C, onde podemos desgustar cogomelos recollidos por nós memos, sempre acompañados dun micólogo experto. Na costa, en Corcubión, está o restaurante “Mar Viva”. Alí escollemos o peixe ou o marisco que desexemos para, despois de cociñados, gozalos no restaurante anexo.