Comer ben é en cantidade é unha consigna de todo o pobo galego, polo que, se existe algún lugar que serva racións abundantes e a bo prezo, de seguro que o éxito está asegurado. O problema adoita chegar cando hai que escoller o sitio, porque é soada a abundancia dos locais galegos. “A xantar” fai parada en tres locais onde ignoran a dieta equilibrada para poñer en práctica aquilo de “burro grande, ande ou non ande”. O primeiro reto do día é o Novo Batel en Carril, onde o equipo do programa proba un bocadillo de tres quilos e medio. Despois, continúa na Pizzería A Pedra en Catoira, un establecemento cuxa especialidade á pedra fai as delicias dos clientes. A viaxe remata en Santiago de Compostela na hamburguesería A Vaca, onde poñen a proba o apetito dos reporteiro co can quente de medio metro de lonxitude.