O programa lévanos nesta ocasión a restaurantes rexentados por familias cuxa xestión vai xa pola terceira xeración. A Xantar!” viaxa a Bueu para visitar A Centoleira, á Coruña para coñecer a churrería Bonilla a La Vista e a Santiago, onde para no Paz Nogueira. Estes establecementos de referencia son xa historia da gastronomía galega.  Fundado no 1846, o Paz Nogueira é o restaurante máis antigo de toda Galicia. A Centoleira conta con 130 anos de historia, sempre nas mans da mesma familia e Bonilla a la Vista fai case un século converténdose en referencia nas patacas e churros a nivel mundial.