O programa de hoxe de A Voltas coa Música contará con cinco xogadores chegados de toda Galicia. Alba de Arteixo, Edilson de Burela, Kelly de Vigo, Víctor de Val do Dubra e Mari de Rianxo loitarán por ser quen gañe os cartos en xogo. E terán a axuda de Fátima Pego, a coñecida cantante e reporteira que fará todo o que estea na súa man para que os concursantes acerten as pregunten e acumulen moito diñeiro nas probas. Ademais, mentres os xogadores collen folgos, Fátima cantará un dos seus famosos temas de dance en galego para deleite do público e a audiencia.