Mila vai recuperando o pulso normal da súa vida despois de ser acosada por uns compañeiros de clase. Lucía, moi sensibilizada, trata por todos os medios de coidala e protexela, ata o punto de que acaba angustiando a rapaza. Por outra banda, un erro de Sofía na inmobiliaria a conta dunhas terras de Xesús provoca que o armador e Lucía se acheguen, e non tarda en xurdir algo entre eles.