Renata está disposta a recuperar a Ali, e por iso non dubida en ir a xuicio contra os seus sogros, se fai falla, para acusalos de malostratos. Pola súa parte, Marta vai deixar a Sofía para irse a vivir con Andrés, quen está decidido a contarlle o que lle pasa a Sofía, aínda que iso poida facer variar a decisión de Marta... Noutras escenas da serie, Aurora entérase de que Lourdes é lesbiana e, aínda que non quere, non pode evitar mirala dun xeito distinto.