O día a día na vida das viúvas dos mariñeiros do Santoña avanza con consecuencias imperceptibles. Bernardo regálalle un hámster a Mila, pero nun descoido o animal escapa e todos tentan atopalo. O animal morre e así todos queren que Mila non se decate da desgraza para non darlle outro desgusto á cativa. Mentres, Renata dá un paso máis no camiño para recuperar a Alicia e por fin poderá pasar unha fin de semana completa a soas con ela.