Chegou o día da apertura da inmobiliaria e Sofía e Lucía andan moi atarefadas cos preparativos. Semella que todo está case listo pero ninguén está libre de contratempos e un deles fará cambalear a apertura da nova empresa. Non será o único que cambalee. A relación entre Marta e Sofía pasará de novo por un momento amargo. E todo por mor do reparto dunha herdanza. Ademais, Marta anda moi preocupada polo coidado de Carliños. Renata tamén pasa por apuros. Ó principio eran un par de copas de máis, pero agora ...