O reloxo de torre de Baiona volveu funcionar tras trinta anos parado gracias ao neto do ebanista que o custodiou durante medio século. Xosé Suárez Garra, coñecido como Sechu, é desde neno un gran afeccionado aos reloxos, algo que como se ve lle vén de familia. Esta paixón lévao a mercar reloxos desbotados por avariados en todo o mundo, para arranxalos. Ten máis de 300. Boa parte nunha exposición permanente en Ponteareas.Di a súa muller que Sechu pasa máis tempo no seu taller caseiro de Ponteareas entre reloxos, ca con ela. Aquí leva anos reparando reloxos antigos por afección, nunca como profesión, herdada do pai e do avó. Agora mesmo ten entre as mans a reparación que, di, máis leria lle deu na vida, a deste precioso reloxo de tres campás.Sechu di que se dá máis traballo, tamén dá máis satisfacción conseguir reparalo. Non se lembra de pequeno sen andar fedellando nos reloxios. As pezas que necesita fainas el no seu taller.Noutro baixo histórico familiar expón algúns dos centos de relo